You are currently browsing the category archive for the 'actos' category.
O pasado 7 de novembro, celebrábase en Petín un Filo-café baixo o tema de Silencio ou Morte.
Achego agora a miña aportación, en forma de poema.
O pasado sábado 26 de setembro, no Pub Uf de Vigo, houbo outro Encontro da Porta Verde.
O día cinco de setembro andarei polo Festival de Poesía do Condado, lendo uns textos escritos para a ocasión.
O próximo sábado, 6 de xuño, ás 20:30 horas, no Centro Social Gomes Gaioiso (Rúa Marconi, 9. A Coruña) Presentación de A Crise Irredutible
Presentación de:
‘Baile Átha Cliath’ de Alberte Momán e ‘Baixo o sol de Mesina’ de Lino Braxe.
Asimesmo, proxectaranse imaxes de Sol Rivas (Ilustradora de ‘Baixo o sol de Mesina’) e Paco Souto (Ilustrador de ‘Baile Átha Cliath’).
Será na Galería Sargadelos d’A Coruña, o día 11 de febreiro ás 20:30 horas.
Melba Couto Pedreira, amiga e vicedirectora do IES Sofía Casanova de Ferrol, convidada a presentar comigo no 2008 o libro ‘Ferrol e o que queda por chover’ (lulu.com 2008), achéganos a análise do libro que leu na Galería Sargadelos de Ferrol o pasado 23 de outubro.
Onte foi presentado no concello de Malpica o libro gañador da II edición do Premio de Poesía Erótica Illas Siasargas.
‘Baile Átha Cliath’ da miña autoría e acompañado de ilustracións de Paco Souto.
O día 23 de outubro, ás 20 horas e na Galería Sargadelos de Ferrol, Melba Couto, mestra de literatura e lingua galegas no IES Sofía Casanova, acompañarame na presentación do meu último libro de poemas, Ferrol e o que queda por chover.




