You are currently browsing the category archive for the 'libros' category.

a crise irreductible 13

a crise irredutible Da man do Consorcio Editorial Galego, a semana que vén comezará a chegar ás librarías ‘A crise irredutible’.

a crise irredutible

Foi creado un novo espazo dedicado, en exclusiva, a ‘A crise irredutible’. Nel aparecen xa, opinións e informacións varias sobre o libro. En breve irá medrando para ofrecer unha imaxe o máis completa posible do texto.

a crise irredutible

Finalmente  sae, dende a rede, A crise irredutible.

Que podo engadir? Era un libro que desexaba compartir, un libro que mostrase unha inquedanza real por todo canto acontece de crítico neste país. Mostrar unha evolución na que a perda de perspectiva política das forzas de esquerda, comeza a repercutir nos resultados electorais, xa de xeito preocupante. E preocupante non só, polos resultados nefastos que deron pé á vitoria da dereita, senón tamén pola perda de confianza no nacionalismo galego.

Ben, é este un libro escrito dende reflexión e para a reflexión, sempre mostrando a miña visión subxectiva e certamente intimista, en ocasións.

Sen máis, déixovos con el agardando que vos preste a súa lectura.

Veño de facer as últimas modificacións dun outro libro de poemas, A crise irredutible, no que falo subxectivamente, xa non da crise económica que soportamos, trasladada das entidades de creto, senón daqueloutra que nos define como individuos sociais, e que marca a sociedade que estamos a crear. Agora, tan só queda quen o publique, por suposto. Sen medo ao mercado editorial, de non ser desexado, atoparase, a medio prazo, nunha edición persoal.

Vai o texto de presentación:

pertenzo ás fronteiras do medo
á crise eterna
irredutible


pertenzo e pertencemos
nós
a un país sen estela propia
cincento
e inseguro
aplacado polo desexo asumido
de ser como a xente

capa-baile-atha-cliath

Presentación de:
‘Baile Átha Cliath’ de Alberte Momán e ‘Baixo o sol de Mesina’ de Lino Braxe.
Asimesmo, proxectaranse imaxes de Sol Rivas (Ilustradora de ‘Baixo o sol de Mesina’) e Paco Souto (Ilustrador de ‘Baile Átha Cliath’).
Será na Galería Sargadelos d’A Coruña, o día 11 de febreiro ás 20:30 horas.

Melba Couto Pedreira, amiga e vicedirectora do IES Sofía Casanova de Ferrol, convidada a presentar comigo no 2008 o libro ‘Ferrol e o que queda por chover’ (lulu.com 2008), achéganos a análise do libro que leu na Galería Sargadelos de Ferrol o pasado 23 de outubro.

descarga ‘o-home-e-pluralidade-e-dialogo’

capa-baile-atha-cliathOnte foi presentado no concello de Malpica o libro gañador da II edición do Premio de Poesía Erótica Illas Siasargas.

‘Baile Átha Cliath’ da miña autoría e acompañado de ilustracións de Paco Souto.

diario-de-bergantinhos-16-11-2008

Ferrol e o que queda por chover
Alberte Momán
Editado por Lulu.com
ISBN: 978-1-4092-1367-3

‘Ferrol e o que queda por chover’ ábrese un espazo no comercio internacional grazas ao portal Amazon.com. Actualmente, e á espera de que se atope en stock, pódese ver en Xapón ou Inglaterra.

No noso país, alén da venda por medio da rede, ‘Ferrol e o que queda por chover’ pódese adquirir na Galería Sargadelos desta cidade.

Erótica

Edita Lulu.com

ISBN: 978-1-4092-1644-5

Portada: Azucena Carrera

Despois dunha edición facsímil deste meu libro de poemas, da que só existen tres exemplares en formato impreso, xurde unha outra versión, tamén en galego-portugués, mais con grandes diferenzas de forma con respecto a aquela edición feita por arcosonline.com.