You are currently browsing the category archive for the 'textos' category.
O pasado 7 de novembro, celebrábase en Petín un Filo-café baixo o tema de Silencio ou Morte.
Achego agora a miña aportación, en forma de poema.
Principium Individuationis, teatro para a Revista das Letras.
Alfaias, novo disco de Fanny e Alexander.
Coa peza Mans abertas e ollos pechados, baseada nun texto meu titulado Diálogo entre palabras que afirman e pensamentos que berran en silencio.
Veño de facer as últimas modificacións dun outro libro de poemas, A crise irredutible, no que falo subxectivamente, xa non da crise económica que soportamos, trasladada das entidades de creto, senón daqueloutra que nos define como individuos sociais, e que marca a sociedade que estamos a crear. Agora, tan só queda quen o publique, por suposto. Sen medo ao mercado editorial, de non ser desexado, atoparase, a medio prazo, nunha edición persoal.
Vai o texto de presentación:
pertenzo ás fronteiras do medo
á crise eterna
irredutible
pertenzo e pertencemos
nós
a un país sen estela propia
cincento
e inseguro
aplacado polo desexo asumido
de ser como a xente
Ferrol e o que queda por chover
Alberte Momán. 2008
Ferrol e o que queda por chover, unha nova experiencia coa que se pretende integrar as novas ferramentas de edición e distribución masivas no sistema literario galego.
A obra a venda na rede (descarga en formato pdf ou en papel, 27 páxinas, 7.5″ x 7.5″, saddle-stitch encadernado, branco e negro tinta interior. Imaxe de portada de Alberte Momán) . Editada e distribuída por lulu.com.
Alberte Momán. Ferrol 1976. Autor de obras como O lobo da xente (Edicións Positivas. 2003) ou O alento da musa (Difusora das Letras, Artes e Ideas. 2007).
Ferrol e o que queda por chover (Premer sobre o título, para acceder ás 10 primeiras páxinas da obra). Ferrol ten sentido. Has horas son un estigma nesta cidade. Unha restrospectiva histórica moi persoal sobre o Ferrol que me tocou vivir. Tamén dese outro Ferrol que viviron por min, das súas experiencias plasmadas na miña imaxe.
Unha cidade viva, bipolar. Non é esta unha obra de carácter marcadamente histórico, pero nela hai unha parte da historia de todos e todas os/as que tiveron relación con esta cidade.
Descoñezo se este libriño é específico para os máis cativos da casa, como era a miña intención. O que si agardo é que, tando es@s máis pequech@s como esoutr@s máis grandes, se acheguen a comprender a importancia dunha palabra.
Que sexa do voso agrado.
Aló polo ano 2003, escribín este libro de poemas que me liberou dunha certa ironía absurda, que hoxe, en ocasións, boto en falta.
Recoméndase, durante a súa lectura, a regresión cara os grandes clásicos musicais dos ‘80.
O primeiro Capítulo de ‘O lobo da xente’ pódese descargar de balde, ofrecido por Vieiros.com.





