Road Movie

Alberte Momán

Produto baixo Licenza Creative Commons

Info e descarga aquí.

As estradas, xunto con Jim, achegándonos ao mundo do teatro, serven de base para este libro de poemas, no que se len cousas como esta:

nós temos un mirlitón
do que descoñecemos a súa procedencia
tocámolo
ás veces
ademais de sobalo a miúdo
sen preocuparnos de se soa ben ou soa mal

só nós
Jim e máis eu que lle fago compaña
dispoñemos de horas
e
senesforzo para mirlitonear ao noso antollo
despois lemos poemas en alto
compartindo as mesmas páxinas
mentres conducimos
mentres avanzamos
e inventamos palabras
ou repetimos aquelas inventadas por outros
para sorrir con estridencia
até sentir como as bágoas nos deshidratan
co seu constante caer