oalentodamusa

Archive for Maio 2008|Monthly archive page

O alento en Montealto

In actos on Maio 26, 2008 at 6:11 pm

Montealto, concretamente o Centro Social Gomes Gaioso, acollerá unha presentación d’O alento da musa. Será o venres, 30 de maio, ás 20:30 horas. Tamén vou ler uns textiños do meu último libro, Ferrol e o que queda por chover.

Advertisements

‘Ferrol e o que queda por chover’ novo libro de poemas

In textos on Maio 20, 2008 at 1:13 pm

Ferrol e o que queda por chover
Alberte Momán. 2008

Ferrol e o que queda por chover, unha nova experiencia coa que se pretende integrar as novas ferramentas de edición e distribución masivas no sistema literario galego.
A obra a venda na rede (descarga en formato pdf ou en papel, 27 páxinas, 7.5″ x 7.5″, saddle-stitch encadernado, branco e negro tinta interior. Imaxe de portada de Alberte Momán) . Editada e distribuída por lulu.com.

Alberte Momán. Ferrol 1976. Autor de obras como O lobo da xente (Edicións Positivas. 2003) ou O alento da musa (Difusora das Letras, Artes e Ideas. 2007).

Ferrol e o que queda por chover (Premer sobre o título, para acceder ás 10 primeiras páxinas da obra). Ferrol ten sentido. Has horas son un estigma nesta cidade. Unha restrospectiva histórica moi persoal sobre o Ferrol que me tocou vivir. Tamén dese outro Ferrol que viviron por min, das súas experiencias plasmadas na miña imaxe.
Unha cidade viva, bipolar. Non é esta unha obra de carácter marcadamente histórico, pero nela hai unha parte da historia de todos e todas os/as que tiveron relación con esta cidade.

Fallo do certame literario do concello de Ames

In actos on Maio 14, 2008 at 10:59 am

Este sábado, día das Letras, andarei por Ames, concretamente na Casa da Cultura do Milladoiro, acompañando ás persoas que gañaron algunha das categorías do Certame literario do concello de Ames. Aló lerei algún dos textos que resultou gañador na categoría de poesía, nesta presente convocatoria.

Esperando as Letras 2008

In actos on Maio 13, 2008 at 4:02 pm

O venres 16 de maio, a iso das 21 horas, estarei lendo algún texto do meu Déixanse levar, no Pub Momo, en Compostela.

Como lembraredes, Déixanse levar, é un caderno de poesía que acompaña á novela O alento da musa (Difusora de Letras Artes e Ideas. 2007).

Así mesmo, agardo que me acompañe o compañeiro Óscar Antón Pérez García, poeta, redeiro e amigo.