oalentodamusa

Archive for Xullo 2008|Monthly archive page

Erótica

In libros on Xullo 10, 2008 at 7:39 pm

Erótica

Edita Lulu.com

ISBN: 978-1-4092-1644-5

Portada: Azucena Carrera

Despois dunha edición facsímil deste meu libro de poemas, da que só existen tres exemplares en formato impreso, xurde unha outra versión, tamén en galego-portugués, mais con grandes diferenzas de forma con respecto a aquela edición feita por arcosonline.com.

Advertisements

Erótica en formato impreso

In ArcosDigital on Xullo 1, 2008 at 8:36 am

Aló polo ano 2005, a editora virtual arcosonline.com publicaba ‘Erótica’, o libro de poemas gañador do Certame de Poesía Francisco Añón do concello de Outes. Facíao tralo traballo de Estravis e Víctor Domingos para pasalo ao galego-portugués.

Hoxe, aquela mesma publicación virtual pódese atopar tamén en papel, como edición facsímil,ou o que é o mesmo, unha copia exacta daquela publicada inicialmente por arcosonline.com (o web de Arcos de Valdevez).

Se ben, as edicións virtuais seméllanme imprescindibieis hoxe en día, para a mellor difusión da obra literaria, continúo a ser un incondicional do papel, polo fermoso do tacto, e das sensación que este proporciona. É por esta razón, polo que botei man das ferramentas que lulu.com proporciona, para elaborar unha edición en papel dispoñible dende a páxina de lulu.com:

http://www.lulu.com/content/2859833