Categorías
entrevista

En vieiros.com

Un dos principais problemas de recibir boas criticas é merecelas.

Esta nova de vieiros faime pensar no meu traballo. Non vou negar os esforzos para facelo público, tanto económicos como anímicos, pero non podo evitar poñer en cuestión a súa verdadeira relevancia.

Con todo, si estou contento de saber que o traballo realizado atopou acougo nalgún lector ou lectora, espectador ou espectadora…

Categorías
colaboracións

Fanny + Alexander

fanny-alexanderFanny + Alexander preparan novo disco. Unha nova entrega cun nexo común cos seus traballos anteriores, a utilización de textos de poetas e narradores/as do noso país. Con sorpresa recibín a nova de que querían utilizar un texto meu para convertilo nunha canción que incluír nese traballo. Fondamente agradecido, agardo con impaciencia o resultado.

Ségueos no myspace.

Categorías
actos libros

Baile Átha Cliath

capa-baile-atha-cliathOnte foi presentado no concello de Malpica o libro gañador da II edición do Premio de Poesía Erótica Illas Siasargas.

‘Baile Átha Cliath’ da miña autoría e acompañado de ilustracións de Paco Souto.

diario-de-bergantinhos-16-11-2008