oalentodamusa

Archive for Marzo 2009|Monthly archive page

a crise irredutible II

In libros on Marzo 16, 2009 at 8:09 pm

a crise irredutible

Finalmente  sae, dende a rede, A crise irredutible.

Que podo engadir? Era un libro que desexaba compartir, un libro que mostrase unha inquedanza real por todo canto acontece de crítico neste país. Mostrar unha evolución na que a perda de perspectiva política das forzas de esquerda, comeza a repercutir nos resultados electorais, xa de xeito preocupante. E preocupante non só, polos resultados nefastos que deron pé á vitoria da dereita, senón tamén pola perda de confianza no nacionalismo galego.

Ben, é este un libro escrito dende reflexión e para a reflexión, sempre mostrando a miña visión subxectiva e certamente intimista, en ocasións.

Sen máis, déixovos con el agardando que vos preste a súa lectura.

A crise irredutible

In libros,textos on Marzo 6, 2009 at 5:11 pm

Veño de facer as últimas modificacións dun outro libro de poemas, A crise irredutible, no que falo subxectivamente, xa non da crise económica que soportamos, trasladada das entidades de creto, senón daqueloutra que nos define como individuos sociais, e que marca a sociedade que estamos a crear. Agora, tan só queda quen o publique, por suposto. Sen medo ao mercado editorial, de non ser desexado, atoparase, a medio prazo, nunha edición persoal.

Vai o texto de presentación:

pertenzo ás fronteiras do medo
á crise eterna
irredutible


pertenzo e pertencemos
nós
a un país sen estela propia
cincento
e inseguro
aplacado polo desexo asumido
de ser como a xente