oalentodamusa

As vinte mil fillas de Mario Xacobeo

In Artigos on Outubro 23, 2013 at 2:21 pm

mario xacobeo

A comezos do setembro pasado, esta nova motivaba un artigo escrito inicialmente para a revista Incomunidade, que hoxe prescinde del.

É por isto último que transcribo aquí ese texto, agardando que sexa do voso agrado.

 

As vinte mil fillas de Mario Xacobeo

                                                                                                                              

Sen ter transado nin unha soa vez nos seus dez anos de existencia, ‘Galiza chora o seu mellor semental’, con máis de vinte mil ‘fillas’ rexistradas en todo o Estado. E mentres isto acontece na prensa oficialista, o contradiscurso de Teresa Moure describe o feito de ter violado ao lobo feroz. Mario Xacobeo superaba a tonelada de peso, Teresa, malia que estea mal manifestalo en público, pouco pasará dos cincuenta quilos. A maiores, a súa recente escolla lingüística, moi posiblemente, reduza esoutro, o peso específico dentro das fronteiras minifundistas do país, expresado como relación entre o produto da masa coa aceleración gravitacional e entre o volume, este último como metáfora da vaga expansiva da súa mensaxe. Unha vez máis, as vinte mil vítimas de Mario Xacobeo, son as voceiras da mensaxe reaccionaria, mentres a fazaña nada desprezable de Teresa, loita por facerse un oco no subconsciente dunha minoría, eclipsado tamén polo exceso do eu protagonista e o que semella unha mensaxe aprendida de novo, que afrouxa eclipsada por ese mesmo ego. Con todo, debemos agradecer a morte dun dos grandes galegos ilustres, Mario Xacobeo, a altura dun fecundo Xeneralísimo, que deixou a prole atada e ben atada a unha, ben coñecida, situación de privilexio, porén, a súa gloria nos persiga eternamente.

Alén dos excesos do Mario, Teresa reivindica unha sexualidade activa, moi afastada do laboratorio xenético que resalta o valor numérico como resultado incuestionable, excluíndo outros valores posibles, que terían feito do Mario un individuo peor considerado pola cultura oficial, pero máis lonxevo e feliz. Falamos dunha sexualidade tratada xa, dende uns termos semellantes, por poetas, como no caso de Verónica Martínez e o seu Lusocuria, cun peso específico que suman de boa gana á vaga expansiva que ridiculizou, dende tempo atrás, ese lobo feroz ao que Teresa anuncia ter dominado cun golpe mestre. Unha sexualidade que afasta o feminino da mazá primeira e do seu pecado, nun gozo que racha os elos dos pulsos, como esposas cinguidas ao inconmensurable falo da política gobernamental e o persistente calo nos pés da malta que camiña.

Mais, eis o que resta a Mario Xacobeo, vivir a súa fama dende matadoiro ou alimentando algún bandullo privilexiado, de quen, por impotencia ou pouca autoestima, sinta a necesidade de recuperar os azos perdidos. Mentres que, dende a poesía, hai quen loita por defender o corpo dunha outra morte sexual inxusta.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: