Bosquexos para unha distopía. Descarga de balde.

IMG_20160321_105022_037

Bosquexos para unha distopía (Preme para descargar)

Hoxe ofrezo a descarga de balde deste libro, Bosquexos para unha distopía, do que no seu día se dixeran cousas como:

No seu día  referenciamos o estilo de Alberte Momán a autores como William S. Burroughs ou Albert Camus. Sendo unha literatura culta e experimental, cada un pode trazar liñas cara as súas propias referencias: o existencialismo de Boris Vian, o surrealismo de Burroughs ou Ken Kesey, pero tamén o weird de Robert Aickman ou o erotismo escuro de Bukowski. É, en calquera caso, unha voz discordante e orixinal no panorama das nosas letras. (…) Tomás Rivera

Alberte Momán compón así un libro de tres historias de lectura desacougante, como podían ser trinta, ese humor acedo, ese surrealismo distópico serían idénticos. Un xeito de avisar a esta sociedade de que xa está ben, que indo polos camiños que transitamos nada quedará incólume, mesmo os contos para cativos resultan trastocados e cun significado ben diferente ao orixinal. Infortunadamente, deste lado do espello, todos sabemos o caso que se lle vai facer ao aviso de Alberte Momán, que non é a primeira vez que aviso semellante se produce, nin será esta a derradeira vez, pois vivimos nunha sociedade opaca aos avisos que se lle van dando desde as diferentes latitudes da cultura.

X. M. Eyré

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s