Non venal. Urutau 2020

albertecapa

Non venal

Editora Urutau. 2020

Alberte Momán Noval

Asiste á lectura do epílogo de Non venal

Non venal é un libro de poemas no que as lectoras poden viaxar a través dos sentimentos afincados no subconsciente. Os poemas deléitanse no detalle, na descrición de instantes cotiás apenas perceptibles polo ollo alleo.

A viaxe iníciase nun ambiente opresor, no sexo dominado, submiso, contraído polos límites,  no que se percibe unha constante necesidade de liberación. Dá comezo, deste xeito, a abordaxe e análise da culpa, sentimento fortemente enraizado no acervo feminino, como un elemento esencial que dirixe o conxunto de emocións e condiciona os actos. A ocultación do propio corpo, a negación da naturalidade e a  vergonza social son os elementos que se manifestan na relación sexual, entendida como unha interacción natural entre as persoas.

Os personaxes descritos, vanse liberando a medida que se avanza no texto, para  desembocar nunha sexualidade vivida como aproximación, empatía e recoñecemento, que atopa a súa máxima expresión no encontro físico. Este convértese nunha ferramenta para a exploración, o deleite, a expresión do amor e do gozo. A continuidade na  viaxe, esta vez pracenteira, énchese de luz e de matices que utilizan como vehículo motor o tacto e os fluídos.

Fálase dun desexo que nace para satisfacer a liberación individual, o empoderamento. Unha individualidade fundamental para dar forma á esencia do colectivo.

As escenas minimalistas e atemporais, reproducen fotografías íntimas, utilizado para a  descrición das mesmas  a curiosidade e o coñecemento do outro.

Alberte Momán,  a través da acción carnal, achégase ao imperceptible, aos sentimentos que nunca chegan a comunicarse doutro xeito que non sexa a través do propio tacto, a mirada e o contacto da pel.

Ana Rodríguez Fernández

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s