Terra Nullius libro electrónico


En 2020 M Editora sacaba en papel, nun formato que lembra ás antigas novelas pulp, Terra Nullius. Hoxe quero ofrecer a obra de balde en formato pdf.

Opinións:

A protagonista desta novela rebélase, e realiza unha revolución persoal que a levará a sufrir certas consecuencias que volverán cuestionar este suposto estado de dereito que habitamos. Lecturafilia

Eis unha novela breve que non custa traballo ler, e que resulta unha advertencia que non debemos deixar pasar. Xosé Manuel Eyré

A idea da violencia estrutural das sociedades modernas campa polas páxinas da novela ofrecendo un relato que aparenta ser de perdedores pero que, no fondo, do que nos fala e desa procura da independica e da liberdade Manrique Fernández

Presentación virtual (Youtube)

Nesta nova entrega de Alberte Momán fálase da terra de ninguén, un espazo de individualización, de emancipación fronte ao corpiño social e familiar que condiciona os actos da protagonista. Pero, ao mesmo tempo, fálase da terra queimada, de como ese mesmo elemento que a cingue e a constrinxe vai minando a súa capacidade para ser dona da propia existencia. A violencia estrutural é a peza sobre a que se alicerza a trama e que explica a evolución persoal da protagonista. Unha novela breve que expón a violencia das interaccións sociais, resumidas nas relacións entre Eugènes e Mortimers que describira Cocteau no seu libro Le Potomak.


Notas sobre a obra:

Terra Nullius (MEditora. 2020) é unha libro que se centra na violencia estrutural e a consecuencias desta no individuo que a padece. Trátase, ao mesmo tempo, dun libro sobre a soidade e o illamento como mecanismo reparador dunha relación hostil entre o mundo e o ser. Un personaxe principal que experimenta un proceso de individualización, concepto recollido das obras de Erich Fromm, para emanciparse do poder que exerce, inicialmente, a familia e, con posterioridade, o entorno social no que se desenvolve. Neste sentido, facendo referencia ás dúas partes nas que se divide o texto, pásase da Terra Nullius, Terra de Ninguén, (consecución de certa independencia) á Terra Queimada (a soidade e frustración vital consecuencia desa mesma individualización ou emancipación).Todos estes conflitos son descritos cun minimalismo expresivo que os describe coa intención de universalizalos, evitando o sensacionalismo propio de escenas prolongadas artificialmente, que coutan a dimensión ampla das emocións descritas e que, ao final, non serían outra cousa máis que momentos dun anecdotario persoal. A modo de exemplo, o conflito intrafamiliar descríbese por medio dunha secuencia na que, desamparada e soa, a protagonista procura entre os contactos do seu teléfono unha persoa coa que falar, detense no número da súa nai e, despois dun tempo de reflexión, decide non pulsar o botón de chamada. Este é un dos instantes nos que se describe o conflito existente entre a protagonista e os seus proxenitores. Segundo transcorre o texto, vanse aportando máis detalles dese conflito, pero sen chegar nunca a desenvolvelo por completo. Aportar pouca información intencionadamente busca que sexa a persoa que se achega ao relato quen imaxine ou dea forma a ese conflito utilizando como base a súa propia experiencia.Estamos diante dun texto incómodo, que busca na súa brevidade e no estilo dinámico alixeirar a lectura, procurando que quede sempre un pouso sobre o que volver co tempo, incitando á reflexión.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s