oalentodamusa

Archive for the ‘ArcosDigital’ Category

Erótica en formato impreso

In ArcosDigital on Xullo 1, 2008 at 8:36 am

Aló polo ano 2005, a editora virtual arcosonline.com publicaba ‘Erótica’, o libro de poemas gañador do Certame de Poesía Francisco Añón do concello de Outes. Facíao tralo traballo de Estravis e Víctor Domingos para pasalo ao galego-portugués.

Hoxe, aquela mesma publicación virtual pódese atopar tamén en papel, como edición facsímil,ou o que é o mesmo, unha copia exacta daquela publicada inicialmente por arcosonline.com (o web de Arcos de Valdevez).

Se ben, as edicións virtuais seméllanme imprescindibieis hoxe en día, para a mellor difusión da obra literaria, continúo a ser un incondicional do papel, polo fermoso do tacto, e das sensación que este proporciona. É por esta razón, polo que botei man das ferramentas que lulu.com proporciona, para elaborar unha edición en papel dispoñible dende a páxina de lulu.com:

http://www.lulu.com/content/2859833

ArcosDigital

In ArcosDigital on Novembro 16, 2007 at 6:31 pm

erótica

O premio Francisco Añón de poesía 2004, recibida pola ‘erótica’, atópase na páxina de Arcos de Valdevez, onde se pode descargar de balde.

Así mesmo, no Magazine de ArcosDigital, Victor Domingos presenta ‘A escuridade’ e o texto de narrativa ‘A baba’.