oalentodamusa

Archive for the ‘libros’ Category

Tripas

In libros,Uncategorized on Novembro 3, 2017 at 3:43 pm
 WhatsApp Image 2017-10-31 at 17.13.03
Tripas
Alberte Momán Noval (Ferrol. 1976)
Belagua Ediciones. 2017
Edición bilingüe Gallego/Español

Facer visibles as tripas, todo o que de forma natural permanece agochado, non é fácil, nin sequera conveniente. Transparentar os tecidos que recobren o oculto significa evitar as precaucións inherentes ao instinto de supervivencia, espirse no máis cru inverno dunha periferia universal e fragmentada. Deixar constancia da dor, da mácula coa que o sangue escurece as superficies é, en esencia, morrer para deixar paso ao mito, ao que nunca foi pero que permanece.

Hacer visibles las tripas, todo lo que de forma natural permanece escondido, no es fácil, ni siquiera conveniente. Transparentar los tejidos que recubren lo oculto significa evitar las precauciones inherentes al instinto de supervivencia, desnudarse en el más crudo invierno de una periferia universal y fragmentada. Dejar constancia del dolor, de la mácula con la que la sangre oscurece las superficies es, en esencia, morir para dejar paso al mito, a lo que nunca fue pero que permanece.

Advertisements

A baba, a incontinencia e o can de Paulov

In entrevista,libros,textos,Uncategorized on Xaneiro 29, 2014 at 12:37 pm

Carme Vidal recolle a través dunha entrevista a publicación, en formato ebook por Sermos Galiza, do libro de relatos A baba, a incontinencia e o can de Paulov. sermos galizaPreme na imaxe.

Vattene! no Diario Cultural

In entrevista,libros on Febreiro 8, 2013 at 12:39 pm

VATTENE Portada:Maquetaci—n 1

Vattene! no Diario Cultural

Audio da aparición de Vattene! no Diario Cultural da Radio Galega, o 7 de febreiro de 2013

Armando Requeixo fala sobre Vattene!

In libros,recensións on Xaneiro 29, 2013 at 9:58 am

criticalia

‘A violencia creativa das situacións propostas, a pulsión visual das atmosferas recreadas e a sutil denuncia que destilan os parlamentos como luzadas de metralla son outros tantos acertos deste relato co que Alberte Momán confirma o singularísimo da súa voz no concerto literario actual.’ Armando Requeixo.

Accede ao texto completo aquí

 

Vattene e a illa de Granell

In libros on Novembro 29, 2012 at 7:06 pm

‘Esto es la isla: volcán disparador de lámparas calientes hacia el más allá de los horizontes. Por eso es isla el surrealismo, rodeado por todas partes -por todas partes- del agua de un mundo que hace agua por infinitos agujeros imposible de restañar. En medio del dramático hundimiento de la vida conocida, el surrealismo es la sola isla salvadora capaz de mantener a flote a quienes tengan fe y coraje para acercarse a ella. La isla, situada entre las cosas de la tierra firme que se tambalea, se siente tierra firme segura ella misma cuando todo lo demás comienza la lenta, pero irremisible inmersión que mucho más lejos llevó a la Atlántida al fondo de los mares.’

‘Isla cofre mítico’ Eugenio Granell

Aínda que era onte cando facían cen anos do nacemento de Granell, é hoxe cando recibo o libro ‘Vattene!’ que escribín, tamén, coa súa influencia, así como a de todos e todas as persoas que deixaron a súa pegada na historia, como participantes dun movemento tan real como as nosas propias percepcións.

Eis a miña novela curta ou o meu relato longo, surreal como o é a miña propia visión do mundo. Un mundo que, efectivamente, abala fronte un precipicio que somos nós mesmos, baixo o risco de ser autofagocitados, afogados polos nosos desperdicios.

Déixovos, xa que logo, a oportunidade de achegarvos á illa, volcán disparador de lámpadas quentes, agardando que algunha delas vos ilumine.

Encomendade, se vos presta.

A tenda da Porta Verde

In libros on Marzo 19, 2012 at 6:07 pm

A Porta Verde do Sétimo Andar vén de abrir a súa tenda na rede, aproveitando a estrutura virtual creada por Redelibros.es

‘Os quilómetros…’ en Vigo

In actos,libros on Febreiro 17, 2012 at 3:30 pm

Venres 24 de ferebreiro, ás 20:30 horas na Libraría Andel de Vigo.

Presentaremos o libro ‘Os quilómetros que percorremos dende aquela’ (Toxosoutos. 2011) . Acompañando ao autor estará Verónica Martínez Delgado.

Algunhas reseñas sobre o libro:

Montse Dopico

Armando Requeixo

Vicente Araguas

Vermú literario libraría A Libreira

In actos,libros on Xaneiro 29, 2012 at 12:33 pm

Sábado, 11 de Febreiro de 2012
ás 13:30
na Librería A Libreira (Luís Seoane 2, O Temple, Cambre)

Presentaremos o libro ‘Os quilómetros que percorremos dende aquela’ e tomaremos uns petiscos xunto cun dixestivo vermú.

Algunhas reseñas sobre o libro:

Montse Dopico

Armando Requeixo

Vicente Araguas

Os quilómetros que percorremos dende aquela

In libros on Novembro 20, 2011 at 7:51 pm

Os quilómetros que percorremos dende aquela

Alberte Momán

ISBN: 978-84-92792-99-3

Editorial Toxosoutos

Os quilómetros que percorremos dende aquela.- As relacións humanas non son acontecementos illados na traxectoria vital dunha persoa, senón que se atopan expostas a todo tipo de influencias e agresións externas. Un entorno que en ningún caso nos é alleo e que condiciona o percorrido destas tres historias, que doadamente servirán de espello para o día a día das relacións persoais. Unha lectura próxima á que achegarse dende a propia experiencia.

Os libros do Caldeirón en Lugo

In actos,libros on Outubro 6, 2011 at 3:10 pm