Alberte Momán Noval

Archive for the ‘textos’ Category

Entre o livro e a liberdade

In actos,colaboracións,textos on Maio 4, 2010 at 7:11 pm

Na imaxe, a miña participación na instalación poética ‘Entre o livro e a liberdade’, na que se dispuxeron 3000 poemas nos xardíns da Avenida Júlio Graça en Vila do Conde.

Advertisements

Entregado o Premio Aurelio Aguirre 2009

In actos,entrevista,textos on Abril 25, 2010 at 5:39 pm

Certame de poesía Aurelio Aguirre 2009

In textos on Marzo 17, 2010 at 10:00 am

Unha boa nova antes do xantar, veño de facerme co Certame de Poesía Aurelio Aguirre, promovido polos Centros Culturais de Compostela, coa obra ‘Sermos un’, dedicada a Alba por servir de inspiración para un traballo que levaba tempo desexando materializar.

Na información difundida polo propio concello de Compostela, faise mención das valoracións do xuri, referíndose a sermos un do seguinte xeito: “Poesía natural e sincera, breve e sinxela. Unha confesión poética, un camiño que pasa pola deconstrución e a renuncia de nós propios, nunha viaxe que torna coa resolución firme de non esquecer, a memoria inmorrente, e de estar na historia que é de todo un pobo. Só a través do amor -que sabemos e faremos posible- percorreremos o camiño da paz que queremos que é semente de vencer para o noso futuro”.

Silencio ou morte. Filo-Café. Petín

In actos,textos on Novembro 20, 2009 at 11:14 am

O pasado 7 de novembro, celebrábase en Petín un Filo-café baixo o tema de Silencio ou Morte.

Achego agora a miña aportación, en forma de poema.

Preme para descargar o arquivo pdf silencio ou morte- petin

Revista das Letras

In colaboracións,entrevista,textos on Xullo 2, 2009 at 10:10 am

Principium Individuationis, teatro para a Revista das Letras.

Preme para acceder.

Fanny e Alexander

In colaboracións,textos on Maio 4, 2009 at 6:56 pm

fanny e alexander  alfaiasAlfaias, novo disco de Fanny e Alexander.

Coa peza Mans abertas e ollos pechados, baseada nun texto meu titulado Diálogo entre palabras que afirman e pensamentos que berran en silencio.

Certame literario concello de Ames ’08

In textos on Abril 18, 2009 at 8:50 pm

Hoxe foi a presentación do libro editado cos gañadores e gañadoras do certame literario do concello de Ames 2008, entre os que me atopo eu, na modalidade de poesía, cunha obra titulada ‘Agora’.

Déixovos os textos.

Certame literario de Ames 1certame literario Ames 2

A crise irredutible

In libros,textos on Marzo 6, 2009 at 5:11 pm

Veño de facer as últimas modificacións dun outro libro de poemas, A crise irredutible, no que falo subxectivamente, xa non da crise económica que soportamos, trasladada das entidades de creto, senón daqueloutra que nos define como individuos sociais, e que marca a sociedade que estamos a crear. Agora, tan só queda quen o publique, por suposto. Sen medo ao mercado editorial, de non ser desexado, atoparase, a medio prazo, nunha edición persoal.

Vai o texto de presentación:

pertenzo ás fronteiras do medo
á crise eterna
irredutible


pertenzo e pertencemos
nós
a un país sen estela propia
cincento
e inseguro
aplacado polo desexo asumido
de ser como a xente

Os espasmos rescatados

In colaboracións,textos on Decembro 14, 2008 at 12:11 pm

espasmo

Daquela época do espasmo, quedan os últimos restos.

Os rescatados aquí.

‘Ferrol e o que queda por chover’ novo libro de poemas

In textos on Maio 20, 2008 at 1:13 pm

Ferrol e o que queda por chover
Alberte Momán. 2008

Ferrol e o que queda por chover, unha nova experiencia coa que se pretende integrar as novas ferramentas de edición e distribución masivas no sistema literario galego.
A obra a venda na rede (descarga en formato pdf ou en papel, 27 páxinas, 7.5″ x 7.5″, saddle-stitch encadernado, branco e negro tinta interior. Imaxe de portada de Alberte Momán) . Editada e distribuída por lulu.com.

Alberte Momán. Ferrol 1976. Autor de obras como O lobo da xente (Edicións Positivas. 2003) ou O alento da musa (Difusora das Letras, Artes e Ideas. 2007).

Ferrol e o que queda por chover (Premer sobre o título, para acceder ás 10 primeiras páxinas da obra). Ferrol ten sentido. Has horas son un estigma nesta cidade. Unha restrospectiva histórica moi persoal sobre o Ferrol que me tocou vivir. Tamén dese outro Ferrol que viviron por min, das súas experiencias plasmadas na miña imaxe.
Unha cidade viva, bipolar. Non é esta unha obra de carácter marcadamente histórico, pero nela hai unha parte da historia de todos e todas os/as que tiveron relación con esta cidade.