Por unha palabra tan só. Poema para @s máis nen@s
Depósito Legal LU-205-2010
Un alegato a prol da lingua, xa que é ela moito máis do que un simple recurso para a comunicación, definíndonos como pobo, é a cerna da diversidade. Con ela mostramos a evolución de séculos de historia, dando forma aos elementos que nos son propios, porque cada palabra axunta un cento de connotacións que achegan toda unha forma de sentir, unha forma diferente de entender o mundo. Renunciando a unha palabra tan só, estariamos prescindindo da nosa personalidade.
Distribuído co número de Xullo 2010 do Xornal A Peneira
[…] Neste sentido, xa son algo máis de varios milleiros de persoas as que se achegaron a algún dos libros que se ofrecen de balde na rede. Dende aquel ano 2007, no que saíu O alento da musa, seguido dos libros de poemas Ferrol e o que queda por chover, a edición en galego-portugués de Erótica, ou mesmo o Road Movie, dende a plataforma lulu.com; incluso este máis próximo Por unha palabra tan só. Poema para @s máis nen@s. […]