Road Movie
Alberte Momán
Produto baixo Licenza Creative Commons
As estradas, xunto con Jim, achegándonos ao mundo do teatro, serven de base para este libro de poemas, no que se len cousas como esta:
só nós temos un mirlitón
do que descoñecemos a súa procedencia
tocámolo
ás veces
ademais de sobalo a miúdo
sen preocuparnos de se soa ben ou soa mal
só nós
Jim e máis eu que lle fago compaña
dispoñemos de horas
e senesforzo para mirlitonear ao noso antollo
despois lemos poemas en alto
compartindo as mesmas páxinas
mentres conducimos
mentres avanzamos
e inventamos palabras
ou repetimos aquelas inventadas por outros
para sorrir con estridencia
até sentir como as bágoas nos deshidratan
co seu constante caer