As que dormen sobre a palla

Existen peles transparentes para os nosos ollos que habitan a dor das rúas, a dureza das superficies. A crueza da existencia é moito máis que un recurso poético. Por tras deste libro de poemas hai vidas sen nome, rúas polas que transitamos sen pararnos a observar as marcas, os restos que esas vidas foron depositando sobre o pavimento.

Recuperando da gabeta antigos textos que agardaban tempos mellores, compuxen este volume, As que dormen sobre a palla. Nel recollo historias todo o reais que as miñas acordanzas adolescentes me permiten, así como a ficción necesaria para xuntalas e darlles forma.

Descarga en pdf (de balde) ou adquire un exemplar en papel.

Deixar un comentario